O Concello de Vilalba fai un balance das actuacións realizadas nos centros de ensino

TerraChaXa
“O ensino público é unha prioridade para o goberno local”, sostén Marta Rouco
Campaña DGT Transporte Escolar
12 sep 2024

O Concello de Vilalba realizou durante o verán actuacións nos centros educativos, licitando tamén outros proxectos necesarios.

Segundo afirman, a Escola Infantil Municipal conta cun novo sistema de climatización e ventilación (54.000 euros). Ademais, o Concello licitou o proxecto de aforro e eficiencia enerxética dos vestiarios do pavillón empregado polo alumnado do CEIP Insua Bermúdez (60.000 euros).

Tamén foron licitadas as obras para a renovación do pavimento da pista do pavillón do CEIP Manuel Mato Vizoso (88.000 euros) e o Pleno aprobou o proxecto do novo PAI, que sairá a licitación este mes de setembro (155.000 euros).

Ademais, no CEIP Mato Vizoso o Concello pintou no verán os vestiarios e vaise poñer un ascensor que entra en funcionamento este ano.

Durante o verán, en todos os centros educativos se realizaron traballos de conservación das zonas verdes e acondicionamento dos accesos, así como diferentes actuacións de mantemento dos equipamentos interiores.

“O ensino público é unha prioridade para o goberno local”, sostén Marta Rouco, “por iso atendemos as demandas da comunidade educativa, aínda que a educación e unha competencia directa da Xunta de Galicia e botamos en falta máis axuda pola súa parte”.

0.14871597290039