O Concello de Vilalba instala 13 bolardos en rúas da localidade

TerraChaXa
O obxectivo último é facilitar a entrada e a saída de garaxes e cruces con pouca visibilidade
bolardos-modesto-renda-trafico
11 Oct 2024

O tenente de alcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda anunciou a instalación de 13 bolardos e o reforzo da sinalización horizontal en varias rúas do centro urbano, co obxectivo último de facilitar a entrada e a saída de garaxes e cruces con pouca visibilidade.

Unha nova actuación, que lle dá continuidade á efectuada no pasado mes de xuño e que, tal como explicou o propio Renda, busca "dar unha resposta ás moitas solicitudes veciñais dos últimos meses e mellorar a seguridade viaria nas saídas máis complexas".

Así, dende o Concello actuouse nas rúas Benxamín Paa, da Emigración, da Feira, Foz, Domingo Goás, Conde Pallares, das Pedreiras, Campo de Puente e rúa de Begonte.

O conxunto desta nova actuación fíxose en colaboración cos axentes da Policía Local e a Área de Mobilidade seguirá recollendo as demandas da veciñanza con vistas a aumentar ou ben modificar o que fora necesario.

0.16424989700317