O Concello de Vilalba lémbralle ao PP que a Xunta é a titular da parcela das vivendas de peóns camineros

O Concello de Vilalba lémbralle ao Partido Popular que a Xunta de Galicia “é a titular da parcela” na que están as antigas vivendas de peóns ‘camineros’.
O concello da resposta desta forma á ultima proposta do PP, que anunciou nas últimas horas que pedirá ao Goberno central no Senado rehabilitar as antigas vivendas de peóns de Vilalba para dirixilas a alugueiro social.
A realidade é que a parcela na que están as vivendas está a nome da Xunta ao 100%; a parcela que está diante é dun 52% da Xunta e dun 48% do Ministerio de Transportes, e a parcela que está ao carón desta última, que non ten edificación ninguha, está a nome do Ministerio de Transportes ao 100%.
“O Concello de Vilalba xa solicitou a cesión desas parcelas, algo que xa notificamos á Demarcación de Estradas para a súa comunicación”, explica a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, que lamenta “o novo exemplo de nula rigurosidade por parte do PP, que pide ao Goberno unha actuación nunha parcela da que é titular”.
Con relación a este tema, a Demarcación de Estradas está ademais a manter contactos coa Xunta de Galicia para a regularización das parcelas no Rexistro da Propiedade, paso previo para proceder á súa desafectación para a cesión ou venta destas.