O Concello de Vilalba pide unha axuda para obras e a compra dun camión

TerraChaXa
O Concello de Vilalba solicitou unha subvención á Xunta para melloras de eficiencia enerxética, a adquisición dun camión.
casa do concello de vilalba
casa do concello de vilalba
21 mar 2023

O Concello de Vilalba solicitou unha subvención de 298.403,24 euros á Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local, para melloras de eficiencia enerxética, a adquisición dun camión con caixa basculante e a renovación da rede de abastecemento da auga no municipio.

As obras de eficiencia enerxética incluídas na subvención son para o cambio de luminarias no CEIP Manuel Mato Vizoso e no campo anexo A Magdalena. O obxectivo é baixar a potencia consumida, mellorando o grado de iluminación e a eficiencia coa instalación tecnoloxía LED.

O concello tamén solicita unha achega para a adquisición dun camión con caixa basculante, co obxectivo de dotar ós servizos municipais dun vehículo necesario para as actuacións relacionadas co servizo de mantemento eléctrico da vila.

Por último, os traballos de modernización e mellora no abastecemento destinaranse se o concello obtén a subvención a cuantificar e minimizar as perdas na rede municipal, tendo un control da auga que sae das captacións para poder detectar problemas o máis rápido posible.