O Concello de Vilalba reclama unha resolución da Xunta dunha subvención

TerraChaXa
O Concello de Vilalba informa de que leva case ano e medio de espera por unha resolución da Xunta de Galicia para as obras de renovación da rede de abastecemento nas rúas Calvario e os Pepes.
21 Xan 2023

O Concello de Vilalba informa de que leva case ano e medio de espera por unha resolución da Xunta de Galicia para as obras de renovación da rede de abastecemento nas rúas Calvario e os Pepes.

O 9 de xuño de 2020, o Concello recibiu unha notificación de resolución de concesión das subvencións da liña do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2020, na que se concedía a Vilalba 195.609,37 euros para o proxecto denominado Renovación da rede municipal de abastecemento de auga nas rúas Calvario e Os Pepes.

As subvencións do Fondo de Compensación chegan a Vilalba polo feito de ter instalados no concello varios parques eólicos.

Nos meses seguintes lle foi requirido ao concello completar a documentación presentada para a xustificación. Vilalba xustificou xa en decembro de 2020 máis do 60% da actuación, cumprindo todos os requisitos legais. En agosto de 2021 rematou a entrega do resto da documentación solicitada.

Desde entón, a Xunta non lle notificou ningunha resolución, excedendo todos os prazos establecidos para facelo. “Non hai xustificación ningunha, a Xunta ten que resolver porque está perxudicando aos veciños de Vilalba”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.

O Concello de Vilaba investiu máis de 100.000 euros de fondos municipais nesta obra.

0.18981003761292