O Concello de Vilalba renovará a capa de rodadura da rúa de Muras
O Concello de Vilalba xa ten listo o proxecto para as obras de renovación da capa de rodadura da rúa de Muras.
Os traballos terán un orzamento de 48.000 euros e servirán para mellorar o tráfico e a seguridade viaria na rúa, tanto dos vehículos como dos peóns.
En concreto, realizarase o fresado do firme que será renovado con aglomerado, cunha lonxitude de 1.900 metros e un ancho de nove metros e dez centímetros (o engadido dos dez centímetros é para non ter que levantar a rúa, debido ao mal estado no que se atopa).
A actuación é moi necesaria, xa que parte da rúa estaba sen firme, cun pavimento posto sobre terra e cun espesor de tres centímetros.
“Continuamos coa renovación e mellora continua das infraestruturas municipais, moitas delas con erros importantes de construción e mantemento desde hai décadas”, asegura Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.