O Concello de Vilalba solicita titulados en biblioteconomía

TerraChaXa
O Concello de Vilalba vén de anunciar que solicitará unha persoa graduada en Biblioteconomía e Documentación e outras dúas que posúan o título superior en Administración e Finanzas a través das bolsas da Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga).
8 Nov 2019

O Concello de Vilalba vén de anunciar que solicitará unha persoa graduada en Biblioteconomía e Documentación e outras dúas que posúan o título superior en Administración e Finanzas a través das bolsas da Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga). Desta forma, o equipo de goberno promoverá que persoas que obtiveron a súa titulación nos últimos tres anos accedan ao mundo laboral na súa primeira experiencia profesional. Nesta ocasión, reforzarán os traballos administrativos no Concello e de dinamización e catalogación de libros na Biblioteca Municipal.

As persoas interesadas deberán cumprir unha serie de requirimentos para poder optar á praza, entre os que se atopa ser menor de 31 anos, ter a titulación específica que se solicita, ter finalizado a FP ou Grao nos últimos tres anos, estar anotados no Servicio Público de Emprego de Galicia e na web ww.becasfeuga.es e non ter traballado profesionalmente con anterioridade.

“Consideramos que as persoas máis novas tamén teñen moitas cousas que aportar nunha administración pública, tendo en conta que supón unha boa oportunidade de incorporación ao mercado laboral nun contexto cun elevado paro xuvenil”, subliñou a concelleira de Servizos Sociais e Réxime Interior, Marta Rouco. “Contamos con que as persoas seleccionadas se incorporen antes de que finalice o ano”, aclarou.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1579749584198