O Concello de Viveiro visitou as obras de reposición do firme na pista de Sobrado-Pousadoiro-A Cambela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro recepcionou as obras de reposición do firme na pista de Sobrado-Pousadoiro A Cambela, cun orzamento de 106.
Captura de pantalla 2020 07 28 a las 9.01.34
16 Mar 2020

O Concello de Viveiro recepcionou as obras de reposición do firme na pista de Sobrado-Pousadoiro A Cambela, cun orzamento de 106.000 euros.

Coa execución deste proxecto, mellorouse o firme das pistas de Pedrouzos e do Camiño Vello, ambas de titularidade municipal, situadas na parroquia de San Pedro de Viveiro.

Estes viais presentaban un firme moi deteriorado polo continuo tránsito de vehículos pesados, derivado da importancia que os sectores forestal e agropecuario presentan na parroquia.

Por este motivo, a intervención na reposición dos firmes era moi necesaria para garantir o bo tránsito circulatorio, así como o accesibilidade ás vivendas e ás zonas de explotación, tanto gandeiras como forestais.

As obras consistiron en actuacións de mellora, mediante o reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan, e mantemento, tanto do firme existente co bacheo de determinadas zonas, como das marxes dos camiños coa limpeza das cunetas.

A obra foi financiada pola Deputación de Lugo dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019.

0.13809990882874