O Concello de Xermade contrata a sete persoas para traballar na prevención de incendios

TerraChaXa
O Concello de Xermade vén de convocar as bases reguladoras para a selección e posterior contratación de 2 peóns condutores (tractoristas) para realizar traballos de tratamentos preventivos contra incendios forestais.
29 May 2018

O Concello de Xermade vén de convocar as bases reguladoras para a selección e posterior contratación de 2 peóns condutores (tractoristas) para realizar traballos de tratamentos preventivos contra incendios forestais.

Esta convocatoria ten carácter temporal, cunha duración de tres meses e medio, e una xornada laboral ao 75%. O prazo para apuntarse remata o 1 de xuño. As bases están publicadas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello.
http://concelloxermade.sedelectronica.es/info.1

A contratación está financiada pola Consellería de Medio Rural e do Mar e fondos FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Por outra banda, nos próximos días convocaranse tamén cinco prazas máis para traballar na defensa e prevención de incendios forestais. Nesta ocasión solicitarse un xefe de brigada (capataz forestal), 3 peóns de brigada e un peón de condutor de brigada con carné C.

A convocatoria contempla a contratación con carácter temporal, en réxime de dereito laboral e a xornada completa durante tres meses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17344689369202