O Concello de Xermade inicia o bacheo da rede viaria municipal

TerraChaXa
O Concello de Xermade está a piques de desenvolver as obras de bacheo na rede viaria municipal.
Casa do Concello de Xermade
Casa do Concello de Xermade
30 Out 2017

O Concello de Xermade está a piques de desenvolver as obras de bacheo na rede viaria municipal.

Esta e outras obras foron adxudicadas recentemente. É o caso da substitución de portas e ventás da escola de Candamil e da Casa da Cultura de Xermade onde se ubica a Biblioteca Municipal e a construción dun depósito de auga en Burgás para conectar á rede de traída de augas municipal. Todas forman parte das actuacións que recolle un convenio asinado coa Deputación Provincial por un importe total de 150.000 euros.

Tamén foron adxudicadas as obras de mellora do entorno da escola de Candamil e do campo de fútbol de Momán que teñen un prazo de execución de tres meses.

Maquinaria
Xa con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, o Concello adquiría tamén unha retroescavadora. E a Xunta tamén financiará a adquisición dun tractor para os labores de limpeza de vías.

A desbrozadora, incluída no convenio coa Deputación, xa está a disposición dos traballadores municipais.

0.18372201919556