O Concello de Xermade organiza esta fin de semana o Trofeo de Fútbol Manuel González Fernández
TerraChaXa
O sábado 10 dará comezo ás 18.30 no campo de fútbol de Xermade nun partido que enfrontará ao local co Roupar
8 Ago 2024
Durante catro días o Concello de Xermade organiza a XII edición do Torneo de Fútbol Manuel González Fernández.
O sábado 10 dará comezo ás 18.30 no campo de fútbol de Xermade nun partido que enfrontará ao local co Roupar.
O domingo, no campo de Cazás, tamén ás 18.30, será a quenda dos equipos de Cazás e Cabreiros.
A semifinal disputarase o 17 de agosto ás 18.00 no campo de Roupar e será o campo de Cabreiros o que acolla a final o 18 de agosto ás 18.00 horas.