O Concello de Xove programa actividades para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora

TerraChaXa | AMariñaXa
7 Mar 2019

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.
Así o xoves 7 de marzo ás 13:00 horas na Praza do Concello, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón, haberá unha concentración e lectura do Manifesto Pola Igualdade. Do 8 ao 15 de marzo haberá unha exposición Mulleres de Hoxe, realizada polo alumnado do IES Illa de Sarón.
Xa o domingo 10 de marzo a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, será a XI  Chocolatada día da muller, un acto dirixido a todas as mulleres do Concello.
O xoves 14 de marzo de 17:00 a 19:00 horas no Centro Xuvenil, será a quenda do obradoiro Quérote + BERRANDO SOLUCIÓNS. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e 0s 17 anos. Para participar haberá que inscribirse ata o 11 de marzo, no Centro Xuvenil.
Por último o venres 15 de marzo de 16:00 a 20:00 horas na Aula Multideportiva do Concello, será o Obradoiro de defensa persoal feminina. Coa participación do Club Defensa Personal e Policial HKF. Haberá que facer unha preinscrición na OMIX ata o mércores 13 de marzo.

0.13852000236511