O Concello de Vilalba instala alumeado provisional na dársena da estación de autobuses

TerraChaXa
“É perigoso acceder e camiñar pola zona da parada dos autobuses a partir das seis da tarde, as competencias das instalacións son da Xunta pero temos que darlle unha solución aos veciños e veciñas”, sostén Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba.
instalacion alumeado estacion autobuses vilalba1
16 Nov 2023

“É perigoso acceder e camiñar pola zona da parada dos autobuses a partir das seis da tarde, as competencias das instalacións son da Xunta pero temos que darlle unha solución aos veciños e veciñas”, sostén Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba.

O Concello de Vilalba tomou a decisión de iluminar as dársenas da estación de autobuses “como solución provisional ante a inacción da Xunta de Galicia”.

“Desde hai días é perigoso acceder e camiñar pola zona da parada dos autobuses a partir das seis da tarde porque non hai luz na estación, as competencias das instalacións son da Xunta de Galicia pero temos que darlle unha solución aos veciños e veciñas”, sostén Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba.

A alcaldesa remitiulle o luns unha carta ao director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro, na que lle informaba de que a estación de autobuses está sen luz e do perigo desta situación, polo que lle reclamaba que as instalacións teñan “unhas condicións normais de uso”.

A alcaldesa concretaba na misiva que “nos últimos días recibimos frecuentes queixas dos veciños pola dificultade de acceder e camiñar pola zona de parada dos autobuses, xa que está completamente a escuras, co perigo que elo entraña para calquera veciño ou veciña do noso concello que deba agardar un autobús a partir das 18 horas".

Ante a falta de resposta por parte do goberno autonómico, o concello tomou a decisión de dotar de iluminación a zona da dársena da estación, á espera da actuación da Xunta de Galicia.

instalacion alumeado estacion autobuses vilalba2
0.20307898521423