O Concello levará a despezar os vehículos abandonados en Barreiros

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros vén de publicar un anuncio no BOE no que insta aos propietarios de vehículos abandonados a súa retirada.
11 Xan 2021

O Concello de Barreiros vén de publicar un anuncio no BOE no que insta aos propietarios de vehículos abandonados a súa retirada.

"Neste termo municipal existen varios vehículos en claro estado de abandono e que por tanto teñen a consideración de residuos sólidos urbanos. En todos estes casos, non é posible realizar a notificación persoal a aqueles que figuran como propietarios, sendo nalgúns casos estranxeiros imposibles de localizar actualmente", explica o anuncio.

Polo tanto, o Concello require aos propietarios ou a quen poida ter algún dereito sobre os mesmos, que proceda a contactar co Concello de Barreiros para levar a cabo a retirada do vehículo do lugar onde se atopa abandonado, advertíndolle que de non facelo así se procederá ao seu tratamento como residuo sólido urbano e seguirase o procedemento legalmente establecido para a súa retirada.

No anuncio publicado no BOE e divulgado na web municipal figura unha autocaravana Ford, un Citroën Xantia Turbo, un Toyota Corolla, un Peugeot 306 e un Seat Ibiza.

Require por tanto aos propietarios ou a quen poida ter algún dereito sobre cinco vehículos abandonados para que contacten co Concello para retiralos do lugar no que están. Se estes non cumpren en 15 días, trasladaranse os vehículos a unha empresa de despezamento.

 

0.18485593795776