O Concello remata a reparación de sete vías da parroquia de Árbol

TerraChaXa
A obra realizouse grazas aos traballos do parque móbil da Deputación de Lugo
viais_San_lorenzo-arbol
4 Oct 2024

O Concello completou durante o pasado mes de setembro varias actuacións de rexeneración de pistas do rural na parroquia de San Lorenzo de Árbol, grazas aos traballos do parque móbil da Deputación de Lugo, co que contou o municipio durante catro meses mediante o acordo logrado pola alcaldesa, Marta Rouco, co presidente do ente provincial, José Tomé.

Nese sentido, durante o mes de setembro as máquinas traballaron integramente na parroquia de San Lorenzo de Árbol, onde se completaron sete rexeneracións de diferentes características, tanto rebaches como rexeneracións completas sobre vías nas  que previamente actuara o equipo de apertura e limpeza de cunetas, tamén da Deputación de Lugo.

En primeiro lugar, realizouse a rexeneración completa da pista do barrio de Gardado, dunha lonxitude aproximada de 1.000 metros e da pista dos Currás, na mesma zona, cunha extensión de 400 metros e que dá servizo a un importante número de vivendas.

Posteriormente, a maquinaria do parque móbil da Deputación trasladouse á pista dos Quintos, xunto á escola do Santo, dunha lonxitude aproximada de 500 metros e que foi rexenerada por completo. Así mesmo, a maquinaria tamén realizou o rebache da pista da porta do Hipólito, dunha extensión de máis de 2 quilómetros e na que se actuou sobre as zonas máis deterioradas.

Pola súa banda, tamén se realizou un rebache con 5 capas de áridos ao longo dos 600 metros de largo da pista de Picoi á LU-111. Unha actuación que tamén se levou a cabo nunha das pistas do barrio da Bereda e na estrada de casa Cacharrón, dúas pistas que suman 900 metros de lonxitude e nas que se actuou sobre as zonas máis deterioradas.

0.15931010246277