O concurso pontés de cestas da Feira do Grelo repartirá 1.500 euros

TerraChaXa
O Concello das Pontes repartirá 1.575 euros no concurso de cestas da XLII Feira do Grelo que se celebrará o día 19 de febreiro.
concurso cestas grelos as pontes
concurso cestas grelos as pontes
26 ene 2023

O Concello das Pontes repartirá 1.575 euros no concurso de cestas da XLII Feira do Grelo que se celebrará o día 19 de febreiro.

As persoas interesadas en participar deben ter como mínimo 16 anos e teñen que inscribise o domingo, 19 de febreiro, na carpa instalada no patio do Colexio Santa María, desde as 08:00 ás 10:00 horas. Só se admitirá un/ha concursante por unidade familiar.

Os grelos deberán presentarse en cestas que deberán conter, como mínimo, 10 madas, condición sine qua non para poder participar e a partir das 10:00 horas, un xurado composto por unha persoa con experiencia profesional culinaria, un/ha representante da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de As Pontes e máis unha representante da Asociación Amas de Casa comezarán a realizar o reconto das cestas concursantes e a súa valoración.

O concurso rematará ás 11:30h coa entrega de premios na carpa instalada no patio do colexio Santa María Concederanse tres premios á calidade do premio, un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro valorado en 200 euros. Ademais haberá 5 accéstis de 75 euros cada un deles.

Haberá un Premio Especial Alexandre Pérez Sindín á cesta mellor adornada., valorado en 300 euros e que recibirá tamén unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira. Así mesmo, todas as persoas participantes no concurso de cestas da XLII Feira do Grelo recibirán un agasallo.