O Confederacion Hidrográfica traballa no río Parga e no rego de Santa Marta de Outeiro
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, continúa traballando na limpeza de leitos e marxes dos ríos de Lugo. Estas actuacións están incluídas no contrato de conservación do Dominio Público Hidráulico ( DPH) dos ríos da Demarcación Miño-Sil na provincia de Lugo, cunha dotación de máis de 765.894 euros.
“Estas actuacións, realizadas a solicitude dos propios concellos, colectivos veciñais e tamén a requirimento da nosa gardería fluvial, son a clave para dar un mellor servizo público. Queremos que os cidadáns gocen e valoren a riqueza natural que forman os ríos e o ecosistema que os sustenta e para iso temos que facilitarlles o acceso e a humanización dos mesmos”, explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.
ACTUACIÓNS
Nesta semana as catro brigadas que traballan na provincia de Lugo estiveron situadas en Guitiriz no río Parga, O Incio nos ríos Mao e Antiga, Lugo no río Miño e Regos de Santa Marta e Chamoso, Samos no río Sarria e Romelle, Sarria no río Sarria e en Outeiro de Rei no rego de Santa Marta.
Das inspeccións previas ás zonas detectouse abundante presenza de vexetación arbórea e arbustiva, troncos inertes e lixo nas zonas máis urbanas, cos consecuentes riscos de desbordamentos e posibles problemas de inundación dos terreos lindeiros.
Para solucionar a problemática concreta de cada zona, traballouse na roza selectiva de matogueira perimetral, poda e clareo de ramas baixas e á curta sanitaria de pés secos para evitar tapóns en infraestruturas de paso, así como, a retirada de residuos sólidos urbanos presentes no leito.
No caso de curtas de alisos, aplicáronse as medidas e recomendacións profilácticas establecidas, co obxecto de evitar a propagación da Phytophthora alni.
Estes traballos son notificados semanalmente á Consellería de Medio Ambiente @de la Xunta de Galicia deixando aberta a opción de incorporar todas aquelas recomendacións ou condicionantes adicionais que puidesen achegar para a correcta execución dos traballos en zonas con algunha figura de protección. “Queremos traballar con seguridade e sempre en beneficio do medio ambiente”, concluíu o presidente.