O covid-19 continúa crecendo na provincia ata acadar o 675 casos activos
A fin de semana non impediu que a provincia seguise sumando positivos e xa son 675 os casos activos que hai hoxe tras a suma de 128 nos últimos dous días.
Así, o sábado simaron 57 e o domingo 71 pero en realidade os positivos foron máis xa que se deron 22 altas polo que en dous días o número de novos positivos foi de 150 en toda a provincia, aída que a maior parte deles son en Lugo vinculados ao barrio da Milagrosa. Tamén hai que sumar máis afectados na residencia do Incio con cinco usuarios e un emplegado máis o que supón 90 maiores infectados e 27 empregados. Por outra banda, hoxe, non reflectido aínda non datos, detectáronse 18 casos positivos tamén no xeriátrico de Outeiro de Rei.
Tamén son negativos os datos que ofrece a presión hospitalaria, xa que nestes dous días foron ingresadas oito persoas máis e xa son 18, un deles no hospital de Burela, que xa levaba tempo sen casos. Así mesmo xa hai tres na UCI, un máis que o día anterior.
Ademais, as peores cifras son as de falecementos, xa que dúas persoas perderon a vida vinculadas a este virus, unha cada día da fin de semana e xa son 35 os decesos que suma a pandemia na provincia dende a súa orixe dun total de 2.063 enfermos no histórico. Son xa 5 os maiores que perderon a vida usarios deste centro do Incio.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.484 deles 1.382 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 324 da de Ourense, 218 da de Pontevedra, 214 da área de Vigo, 540 da de Santiago, e 131 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 119 en unidades de hospitalización e 3.348 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.556 persoas curadas, rexistrándose 640 falecementos.
Na comparativa realizada son 190 máis nas ultimas 24 horas, 345 en dous días. Precisamente a área de Lugo é a máis afectada seguido de Santiago, que va moi parella en número de contaxios novos, pero todas as áreas subiron.
Nas residencias de maiores, o número de afectados entre usuarios é de 139, 38 máis que o sábado e a maioría concentrados no xeriátrico do Incio (Lugo); mentres que o número traballadores destes centros contaxiados é de 51, catro máis respecto á xornada previa.