O CPI de Friol crea un equipo de tenis de mesa

TerraChaXa | LugoXa
O CPI Dr.
equipo tenis e mesa friol colexio
equipo tenis e mesa friol colexio
17 mar 2024

O CPI Dr. López Suárez de Friol segue a diversificar a posibilidade de que os e as estudantes tomen contacto co máximo número de deportes posibles e por iso puxeron en marcha un grupo de tenis de mesa.

Nace, deste xeito, o quinto equipo de competición do noso centro educativo, xestionado integramente todos polos profesores do mesmo. "Porque consideramos e estamos convencidos que o deporte e a actividade física, ademais de ter un altísimo valor educativo e formativo, sirve como nexo de unión entre eles para mellorar -aínda máis- os necesarios lazos de sociabilidade. Niso, que é o máis importante, son uns auténticos campións", explican desde a dirección do centro.