O Curro Vello de Guitiriz festexa o Ecce Homo este venres e sábado

TerraChaXa
Abrirase a programación o venres con reparto de liscos e chourizos de balde
festa-do-ecce-homo-guitiriz
8 sep 2024

O Curro Vello de Guitiriz celebra esta fin de semana a Festa do Ecce Homo, unha sesión que dará comezo o venres 13 ás 21.oo horas coa tirada de fogos para anunciar o comezo das festas. A continuación terá lugar o reparto de liscos e chourizos gratis no bar Porto.

Ás 22.00 horas será a quenda da música, comezando polo cuarteto A Illa Pancha e rematando coa verbena co dúo La Hora Bruja e Discomóvil Chocolate.

O sábado 14, ás 11.30 horas abrirán a programación co pasarrúas a cargo de Bloquiño de Xermolos.

Ás 13.00 horas haberá misa solemne e procesión na Capela do Ecce Homo para continuar coa actuación de novo de Bloquiño de Xermolos. Despois da gran tirada de fogos seguirá a tradicional sesión vermú a cargo do dúo Mecánica.

Durante a tarde terá lugar a tradicional carreira de carretillas e a festa da escuma, a cargo de Brincadeiras, a partir das 17.00 horas.

A verbena de fin de festa, volverá actuar o mesmo dío e tamén estará o grupo Ache.

0.14676904678345