O dano corporal e mental, tema da charla do luns do programa Espazo en Familia das Pontes

TerraChaXa

O Concello das Pontes puxo en marcha a terceira edición do programa de apoio socioeducativo Espazo en Familia, dirixido a todas as familias pontesas con fillos e fillas menores de idade escolarizados nos centros educativos das Pontes.

13 abr 2024

O Concello das Pontes puxo en marcha a terceira edición do programa de apoio socioeducativo Espazo en Familia, dirixido a todas as familias pontesas con fillos e fillas menores de idade escolarizados nos centros educativos das Pontes.

A seguinte sesión será este luns, 15 de abril, ás 18.00 horas na Casa Dopeso. Trátase dunha charla sobre o dano corporal e mental nos fillos. Partindo das principais problemáticas de consulta en saúde mental infanto xuvenil, abordaranse diferentes temas arredor das emocións e situación polas que sofren as crianzas (medos, frustracións, celos, perdidas, rendemento escolar,…) e daranse a coñecer os síntomas psicosomáticos máis comúns que poden agochar problemas de ansiedade, depresión ou acoso.

Espazo en Familia e unha iniciativa que ten como obxectivo prioritario ofrecer aos pais e nais un lugar para compartir as súas inquedanzas sobre a crianza e educación dos seus fillos e fillas e poder abordalas con éxito, ademais de poder aprendan a desenvolver accións de crianza positiva que faciliten e promovan o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.

O programa, a través de sesións grupais e individuais e accións de formación, abordará nesta terceira edición temáticas relacionadas coas etapas evolutivas das crianzas, manexo de emocións, os principais riscos das pantallas, prevención de adicións, entre outras.