O documental 'Entrar aos Vilares' proxectarase no centro social A Comuna da Coruña

TerraChaXa
O próximo venres 11 de agosto ás oito do serán proxéctase no Centro Social A Comuna da Coruña o documentario 'Entrar aos Vilares', finalista da 12 MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico de Compostela en tres modalidades, mellor filme, mellor filme galego e premio do público.
19665543_1269782793143746_3145461479515113982_n
4 Ago 2017
O próximo venres 11 de agosto ás oito do serán proxéctase no Centro Social A Comuna da Coruña o documentario 'Entrar aos Vilares', finalista da 12 MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico de Compostela en tres modalidades, mellor filme, mellor filme galego e premio do público.
O documentario, producido polo proxecto 'Os Vilares, Lareira de soños' e dirixido por Cibrán Tenreiro trata de entrar nas peculiaridades da parroquia chairega do poeta Díaz Castro desde a visión de tres mozos da primeira xeración que non naceu na aldea e que non coñecen Os Vilares, pero que se adentran na parroquia convidando ao público a facelo tamén con eles nun documentario que ten moito de experimento e no que o protagonismo total é da veciñanza e deles mesmos coas súas reflexións. O filme está a percorrer desde a súa estrea nos Vilares numerosos lugares de Galicia.
Na proxección, na Vereda do Polvorín 35, estarán o director Cibrán Tenreiro, 1° Premio María Luz Canales da Academia Galega do Audiovisual, e Antón de Guizán, presidente da Asociación Lareira de soños, produtora do filme, que manterán un coloquio co público asistente.
O 3 de setembro proxectarase tamén en Pontevedra, no Liceo Mutante.
0.1858057975769