O equipo sénior do Concello de Begonte FS recupera a súa praza en Terceira

TerraChaXa
O equipo begontino venceu no último partido da fase de ascenso ao Lugo Sala Automóviles Losada B
celebracion-do-concello-de-begonte-fs-ascenso
Celebración do ascenso
27 Maio 2024

O equipo sénior do Concello de Begonte FS logrou este domingo recuperar a súa praza na Terceira División, da que descendeu a pasada tempada.

O equipo begontino venceu no último partido da fase de ascenso ao Lugo Sala Automóviles Losada B por un axustado 5-6. Nas semifinais superou tamén ao Alto do Vento por 2-3.

O Concello de Begonte firmou unha boa tempada finalizando en cuarto lugar da táboa pero moi próximo en puntos aos 3 primeiros.

Únese así ao Concello de Friol FS, que ascendeu tamén este ano directamente, despois de quedar campión de grupo.

0.19213199615479