O ERE de Einsa Print sáldase finalmente con 113 despedimentos

TerraChaXa
O expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo que levou a cabo a empresa Einsa Print das Pontes, compañía dedicada ás artes gráficas, saldouse con 113 despedidos e unha indemnización de 30 días por ano traballado e ata un máximo de 20 mensualidades.
concentracion einsa ere endesa
4 Mar 2024

O expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo que levou a cabo a empresa Einsa Print das Pontes, compañía dedicada ás artes gráficas, saldouse con 113 despedidos e unha indemnización de 30 días por ano traballado e ata un máximo de 20 mensualidades. A firma dos últimos traballadores afectados por este expediente realizouse a finais de semana.

Para poder aplicar este ERE extintivo, a empresa habilitou unha listaxe na que moitos dos traballadores apuntáronse voluntarios para abandonar a compañía, tendo a última palabra a dirección para decidir que operarios veríanse afectados.

Ademais, tamén se decidiu que estes despedimentos non afectarían os traballadores de máis de 55 anos, a non ser que estes pedisen de maneira voluntaria abandonar a compañía.

Así, obreiros que se inscribiron de forma voluntaria para entrar no ERE non foron finalmente despedidos, por decisión da empresa. Así mesmo, algúns integrantes do comité de empresa, como o seu presidente, pediron ser incluídos no mesmo e o seu despedimento si foi aceptado.

0.18382287025452