O espello do abandono

TerraChaXa
Os Vilares, como calquera outra parróquia do rural chairego (e galego) é un espello do abandono.
17 Aug 2018

Os Vilares, como calquera outra parróquia do rural chairego (e galego) é un espello do abandono.

O seu património material, etnográfico, relixioso, cultural e tamén o inmaterial, reflicten a agonía do país. A casa do poeta Diaz Castro caendo, os 15 muiños tapados polas silveiras, as fontes entubadas, os lavadoiros abandonados, o cruceiro do Calvário medio ano sen reparar, a taberna do sindicato en ruínas, os cobertizos da feira do Sete derruidos, as escolas de Drada e Os Ares caendo, a escola habaneira da Conchada infrautilizada e sen planos de reabilitación a piques de cumprir un século, as mámoas sen sinalizar nin catalogar ou os frescos da igrexa do século XVI degradándose son a evidencia do pouco interés das administracións por preservar a nosa memória colectiva, o legado dos nósos antepasados.

Que teñan que ser as asociacións, con máis vontade que recursos, as encargadas de defender ese património con escaso apoio (cando non co boicot) das administracións, explican a decadéncia do nóso rural.

Cando a Deputación amaña unha palleira mentras cae a casa do poeta, cando a comunidade de montes financia a contratación de orquestras para as festas mentras non se é capaz de chegar a acordos para reparar a escola da Conchada, cando o Concello non obriga á limpeza de património en fincas privadas nin o cataloga com medidas de protección nin o sinaliza, cando non unha escola feita polos emigrantes non se convirte no centro social da parróquia, nun viveiro de actividades ou a Igrexa e Xunta, Deputación ou Concello amisan un nulo interés en restaurar unhas pinturas de cincocentos anos, ou un cruceiro dun importante calvário bota médio ano sen repoñer, algo se está a facer mal. Non hai futuro si non se valora e protexe o nóso pasado, e ese pasado está a desaparecer e con él o nóso orgullo colectivo, a eséncia do que somos.

Para Xermolos ou a Lareira de soños, a memória de Díaz Castro non rematou o 2014, nin a memória de cada un dos nósos vellos, nin do traballo e das obras que deixaron, páxinas escritas en papel, en pedra ou en sudor e sangue ás que os diferentes governos parecen dar só o valor dos votos e ás veces, nin eso.

Como dixo Xulio Xiz nunha ocasión, os políticos non dan conta de que si por algo será lembrados será por aportar pola cultura e non polos puntos de luz ou polas toneladas de asfalto que poñan.

As entidades sociais e culturais non reclaman cartos para elas, senón para reaparación e posta em valor do património, para a dotación de equipamentos e melloras da calidade de vida de da economía social nas parróquias do rural diante da cegueira de gobernos que vem a cultura como um gasto é non como um investimento que xenere riqueza e creación de emprego, recursos turísticos e salvación dun mundo que se extingue, o rural.

E Os Vilares, hoxe, é un espello dese abandono.

0.12106990814209