O Festival Cultural Pozomouro anima a participar na decoración da área recreativa Ribas do Miño

A Asociación Cultural Pozomouro organiza hoxe, 19 de agosto, unha actividade de decoración na Área Recreativa Ribas do Miño, con motivo do IV Festival Cultural Pozomouro.
A proposta comezará ás 16.00 horas e está aberta a todas as persoas que queiran colaborar, sen límite de idade. A organización anima a participar levando sabas, mantas ou espellos vellos que poidan ser reutilizados para dar unha nova vida e decorar o espazo.
As persoas interesadas en colaborar poden achegarse directamente á actividade ou contactar con algunha das persoas organizadoras do Pozomouro para coñecer os detalles da proposta. O obxectivo é transformar o espazo recreativo nun escenario festivo e contribuír á preparación do festival cultural.