O Festival de Microcine converte Muras nun escenario cultural ao aire libre

TerraChaXa
Veciños e visitantes gozaron dunha sesión gratuíta de cine, celebrada na área recreativa da Veiga, con flocos de millo, refrescos e agasallos
sesion-de-cine-muras
23 Jul 2026

Muras acolleu onte á noite a última parada do Festival de Microcine de verán na súa IV edición, organizado pola plataforma 'Vente a Vivir a un Pueblo', unha iniciativa que forma parte do compromiso da compañía coa dinamización cultural do medio rural e a posta en valor da calidade de vida dos pequenos municipios.

O evento, gratuíto e aberto a todos os públicos, destacou polas súas mensaxes a favor da sustentabilidade, dos valores e da calidade de vida na contorna rural, reunindo veciños e visitantes nunha velada de cine baixo as estrelas na que puideron gozar dunha selección de curtametraxes premiadas nos concursos organizados por Iberdrola e Cultura Inquieta.

Organizada en colaboración co Concello de Muras, a iniciativa converteu a área recreativa da Veiga nun espazo de encontro e convivencia para veciños e visitantes, que tamén gozaron gratuitamente de flocos de millo e refrescos durante a proxección.

O Festival de Microcine de “Vente a vivir a un pueblo” percorreu este ano outras localidades españolas. O municipio lucense foi o encargado de pechar o festival, pensado para achegar a cultura ao mundo rural e xerar espazos de encontro en pequenos municipios.

0.12638306617737