O festival Sons da Bocanoite volverá á normalidade este mes de xullo
O festival Sons da Bocanoite acaricia a normalidade na súa terceira edición de 2022. Programado para o día 2 de xullo, o festival esquecerase das cadeiras, os aforos e todas as restricións sanitarias condicionadas pola pandemia nunha edición claramente orientada a gozar dun festival que naceu hai dous anos, en plena pandemia co obxectivo de manter a programación cultural e dinamizar o sector hostaleiro da vila.
Para mostra, algúns dos artistas que convocarán ás persoas amantes da música na nova ubicación, a Fraga de Dona Rita serán La Otra, Yoly Saa, El Jose, Té Canela ou Eme Dj. “ A Fraga é un magnífico escenario, ofrece ao público unha maneira distinta de gozar dun festival musical urbano, ofrécenos a ubicación perfeta para este momento de reactivacion cultural, no que hai que segur apostando pola seguridade sen renuncia a esencia dun gran concerto" apunta Vicente Roca, concelleiro de cultura, antes de cualificar a música e este tipo de citas culturais como un elemento ‘primordial’ dentro da axenda do Concello. Outra das ideas remarcadas foi o retorno que esta cita cultural xera no pobo esa fin de semana.
O público novo é precisamente o gran mercado ao que quixeron dirixirse á hora de deseñar a proposta, ‘variada’ e de calidade, con claras intencións de convocar ás persoas amantes da canción de autor, a mestizaxe de estilos e ritmos, como a rumba, o pop e o flamenco.
Unha proposta musical variada e de calidade:
O ano pasado saía á luz ‘Incendio’, o novo traballo da La Otra, que significou un paso adiante dunha artista que soubo seguir o seu propio camiño sen dar nunca o seu brazo para torcer. Neste terceiro álbum, ofrécenos doce historias nas que se pasea por temas como o feminismo, o amor, a liberdade e a amizade, desde unha perspectiva tan persoal como irónica e crítica. Pola súa contra, Yoly Saa deixou a súa Galicia natal para plantarse na capital coa intención de facerse un oco no panorama musical nacional. Tras iso, chegou o seu primeiro epé ‘Magma. As súas composicións destacan pola emoción que desprende nos seus directos, tan impecables e desgarradores como cada unha das súas letras. Estará presentando o su novo traballo recén publicado, ‘A Golpes de fe’. Unha delicia para os oídos máis esixentes, igual que El Jose.
A banda asina cancións de diversos estilos que manteñen a raíz orixinaria da formación cativando coas súas mensaxes e a súa maneira de desenvolverse fronte ao público. Poética e rítmica diversa, sons eclécticos e esencia bohemia flúen de maneira natural e versátil xerando alí onde aparecen unha atmosfera na que teñen cabida emocións de todo tipo.
TéCanela tamén achegarán ao festival o seu estilo único, caracterizado pola mestizaxe de ritmos e un directo repleto de dinamismo e complicidade co público. O dúo formado por Ariadna Rubio e Jano Fernández, foi crecendo desde a súa orixe en 2016 ata converterse nunha das bandas de referencia dentro da nova canción autor/a. As súas letras están cargadas de optimismo, pero tamén de ironía e crítica social, son froito das súas vivencias e da realidade que lles rodea. Pechará a velada Eme Dj, unha das máis recoñecidas DJ da escena indie-disco-pop e das principais pistas de baile de todo o noso país. Leva 15 anos en activo como picadiscos profesional, nunha carreira que supera as mil actuacións, e foi residente en salas tan importantes como Low Club, Coppelia, Café La Palma ou Costello Club.