O FIV de Vilalba contará cun servizo especial de transporte durante os dous días

TerraChaXa
O FIV, que se celebra entre os días 28 e 30 de abril, contará este ano cun servizo de autobuses dende Lugo e A Coruña
servizo especial transporte fiv portada
servizo especial transporte fiv portada
2 feb 2023

O festival de música de Vilalba, que se celebra entre os días 28 e 30 de abril, contará este ano cun servizo de autobuses dende Lugo e A Coruña, tanto de ida como de volta os dous días.

Así, establécese un horario de ida a Vilalba desde Lugo en liña regular o venres ás 9, 10, 11.15, 14.30, 15.30, 18.00, 18.15, 19.00 e 20.00. Da Coruña sairá un ás 14.30 horas.

O sábado o horario será máis reducido, con saídas ás 10.15, 16.00, 18.00 e 18.15 dende Lugo e de novo ás 14.30 desde A Coruña. Os prezos dos autobuses será de 3,05 euros desde Lugo e 7,60 da Coruña.

Por outra banda, fletarán autobuses especiais para o regreso a estas cidades unha vez rematado o concerto no escenario principal. Será por tanto ás 4.30 horas para os dous casos.

Os autobuses sairán da rúa Cuart de Poblet, fronte ao CEIP Antonio Insua Bermúdez. Este autobús nocturno terá un prezo especial, de 12 euros para cada viaxe de volta a Lugo e de 14 euros á Coruña.

Os interesados en coller este servizo poden facer as súas reservas na páxina web do festival.

servizo especial transporte fiv