O FIV esgota as prazas de acampada nun dos espazos nunhas horas

TerraChaXa
O FIV, que se celebrará en Vilaba os días 28, 29 e 30 de abril, abre a reserva de parcelas para a acampada.
15 Feb 2024

O FIV, que se celebrará en Vilaba os días 26 e 28 de abril, abriu o tempo de reserva de parcelas para a acampada e estas esgotáronse nunhas horas.

Nesta ocasións, a organización decidiu que a zona de acampada estivera en duas zonas diferenciadas, a primeira no pavillón do CEIP Mato Vizoso, nun espazo cuberto, e a segunda no Estado Roca. A capacidade será dunha tenda por parcela cun máximo de 3 persoas. Contan con duchas, vestiarios diferenciados e aseos.

O campamento abrirá ás 17.00 horas do venres e pechará o domingo ás 14.00 horas, no primeiro caso mentres que no Roca abrirá tamén o venres pero ás 12.00 horas. No segundo, no que aínda queda algunha praza, o espazo é descuberto polo que se recomenda levar esteras e toldos de protección contra a choiva.

A reserva pode facerse a través da páxina web, onde estará tamén toda a información e a normativa para poder instalarse os tres días do festival.

Ademais, a organización pon a disposición dos interesados o correo camping@fivdevilalba.com para as consultas que se desexen facer.

Por outra banda, continúa á venda as entradas do cuarto tramo, a un prezo de 45 euros máis gastos de xestión, así como os abonos de menores de 16 anos e as entradas por xornada.

0.15206503868103