O FIV, que comeza a venda de entradas este martes, será do 28 ao 30 de abril

TerraChaXa
A organización do FIV 2023 fixo público xa as datas da próxima edición do ano 2023, que se manterá entre o 28 e o 30 de abril en Vilalba
fiv datas 2023
fiv datas 2023
19 dic 2022

A organización do FIV 2023 fixo público xa as datas da próxima edición do ano 2023, que se manterá entre o 28 e o 30 de abril na capital vilalbesa.

As datas déronse a coñecer xunto coa notificación de que o este martes daranse a coñecer os primeiros grupos seleccionados e sairán á venda os primeiros abonos a partir das 16.00 horas na web do festival.

Así, os abonos máis baratos terán un prezo de 25 euros e se venderán neste primeiro tramo un total de 400. A estes seguirán outros 500 de 30 euros e 800 de 38 euros para finalizar con 3.300 a 45 euros.

Todos estes prezos levarán engadidos os gastos de xestión.

fiv 2023 venda de entradas