O friolés Luis Penín completa escalando unha das vías máis emblemáticas do Tirol austríaco
Luís Penín, nado en Friol, e David López Sáenz realizaron o 17 de febreiro a repetición de Stirb langsam (200 m, M11+, WI6+) no Tirol e realizada por Michi Wohlleben no 2017. Esta vía bautizada como Stirb langsam en alemán, ou Die hard en inglés, está situada no macizo de Wetterstein, no Tirol austríaco.
Trátase dunha proba de gran dificultade para os escaladores experimentados que este enxeñeiro de procedencia friolesa non quería deixar pasar.
"En canto vin nunha publicación en Planet Mountain da nova do encadeamento de Michi Wohlleben da línea Stirb Langsam (M11+, WI6+, 200m) quedei enganchado, estaba nunha zona coñecida para min e era moi fermosa", di Penín.
A idea quedou parada porque decidiuse a facer unha para durante unha tempada e a escalar boulder. Durante o verán 2019 coincidiu cun colega de profesión, David López Sáenz, que tamén é un bo escalador e xa coincidiran en Kandersteg, Suiza, dous anos atrás.
Despois de estudiar a vía previamente por fotos e vídeo que había en internet, decidiron prepararse, "foi unha das máis intensas que fixen para xeo, foron catro meses longos de adicación total, que para min é bastante tempo", comenta Penín.
Asi que cando a climatoloxía se puxo con condicións aceptables non o dubidaron e dirixíronse a Ehrwald, xusto coa fronteira de Austria e Alemaña, preto do pico Zugspitze, de 2.962 metros.
"Estivemos catro días efectivos traballando na vía, o primeiro prácticamente para abrir pegada na neve, facer o primeiro largo de xeo, meter o material na parede e probar os largos duros. A dificultade estaba concentrada a nivel físico nos largos dous e tres nos que a calidade da rocha era bastante regular e con exixecia a nivel físico, e a continuación a vía colle un carácter de mixto de montaña, e a calidade da pedra empeora moito no largo 4".
Logo atoparon un xeo final moi dificil de escalar (WI 6+ m8+) con seccións en teito no que David demostrou o seu alto nivel, e a vía remata con unha sección vertical de xeo. Despois o descenso foi bastante traballoso polo feito de que o percorrido é en diagonal e desplomado complicando bastante a operación.
Luis Penín, que reside e traballa en Andalucía, reparte o seu amor por Galicia entre Racamonde e Ousá, de onde son o seu pais e a súa nai, respectivamente.
Iniciouse como escalador na provincia de Lugo da man de Luis Vilanova e pouco a pouco foi dificultado a práctica ata a actualidad. De feito, o seu novo reto é abrir unha nova liña na Ehrwald, aínda que o ve "complicado".
TRAXECTORIA
Luis Penín, enxeñeiro de montes de profesión, leva 20 anos adicados á escalada e tivo os seus inicios na contorna de Lugo, nos Ancares, Peña Ubiña (Cordillera Cantábrica), no Veral, Penarrubia ou Ombreiro.
Ademais foi campión galego en Cataluña en escalada deportivo e 5º en absoluto, ademais de competir co equipo nacional. Pero non lle gustan estos meritos xa que non o fai por competir senón por que é o seu pasatempo.
Nos anos 2007 e 2008, Penín encadeou No limit (M12+) en Kandersteg (Suiza) e Game over (M13-) en Dryland (Austria), por esta actividade foi agasallado durante dous anos consecutivos co premio FEDME á mellor actividade en xeo e drytooling, unha especialidade que mistura a escalada por xeo e roca e que se practica en zonas nad que as cascadas de xeo non se chegan a formar de todo.
No 2011 conseguiu a quinta repetición (primeira española) da exixente Law and order, una liña a de 40 metros do sector Diebsöfen, no Tirol austríaco.