O FSF Castro Cando, subcampioas da Copa Ibérica

O FSF Castro Cando rematou a súa participación na Copa Ibérica cun meritorio segundo posto, despois de competir ao máximo en cada encontro e deixar moi boas sensacións ao longo do torneo.
O conxunto chairego alcanzou a final da competición, na que se mediu ao Benfica, que acabou proclamándose campión tras gañar por 6-1. A pesar da derrota no último encontro, o equipo lucense completou un torneo no que viviu grandes momentos e confirmou o seu nivel competitivo.
A participación na Copa Ibérica deixou tamén un recoñecemento individual para as xogadoras Caridad García Díaz e Tami Falconi. Especialmente destacada foi a actuación da porteira Caridad García Díaz, que foi elixida Mellor Porteira do Torneo.
O FSF Castro Cando amosouse orgulloso do camiño percorrido, do traballo realizado e da entrega de todo o equipo, e xa mantén o foco nos próximos retos da tempada, coa intención de seguir medrando e traballando de cara ao que está por vir.