O FSF Castro leva o título na estrea do Torneo Triangular da Pastoriza

LugoXa | TerraChaXa
Durante o torneo, tivo lugar un sorteo de agasallos coa colaboración da Comisión do Entroido de 2027
triangular-futbol-sala-pastoriza
28 Sep 2026

A Pastoriza viviu unha intensa mañá de fútbol sala feminino coa celebración do seu primeiro Torneo Triangular de pretempada, unha iniciativa impulsada polo Concello que reuniu tres equipos da máxima categoría nacional: o FSF Castro, o Rodiles FS e o Estrela Verín.

O torneo comezou cun duelo moi disputado entre o Rodiles FS e o FSF Castro. Tras rematar o tempo regulamentario cun empate sen goles, a vitoria acabou decidíndose na quenda de penaltis, favorable ao conxunto asturiano.

No segundo encontro repetiuse o mesmo guión. O Estrela Verín e o Rodiles FS igualaron 1-1, e de novo os penaltis foron decisivos, desta vez para o equipo ourensán.

Co título aínda por decidir, o último partido enfrontou ao FSF Castro e ao Estrela Verín. As chairegas ofreceron unha actuación sólida e impuxéronse con autoridade para asegurar a primeira posición e converterse nas campioas da edición inaugural do torneo.

A xornada concluíu coa entrega de trofeos aos tres conxuntos participantes e cun recoñecemento especial para Emma, a única xogadora da Pastoriza presente na competición, que recibiu unha agarimosa homenaxe diante do público local.

Durante o torneo, tivo lugar un sorteo de agasallos coa colaboración da Comisión do Entroido de 2027. Sorteáronse camisetas dos equipos participantes, da UD Pastoricense e tres balóns de fútbol sala.

0.14410400390625