O Galp financiou proxectos como o do Laberinto de Rinlo que abriu no verán
O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro, Galp, da Mariña-Ortegal promove un desenvolvemento participativo que é levado á práctica mediante un planeamento ascendente por asociacións locais, cuxos membros pertenzan aos sectores públicos e privados e á sociedade civil e que representen adecuadamente á sociedade local.
O desenvolvemento local participativo nas zonas pesqueiras está gobernado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) e lévase a cabo a través de estratexias de desenvolvemento local integradas e baseadas nas zonas. As persoas interesadas en colaborar ou en recibir axudas para poñer en marcha iniciativas interesantes poden facelo consultando a web https://galp.xunta.gal/es/a-marina-ortegal.
Os grupos de acción local do sector pesqueiro son asociacións sen ánimo de lucro constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e da normativa de aplicación do Estado e da Comunidade Autónoma.
As asociacións recoñecidas como GALP permiten a integración de todas as entidades asociativas e de representación de intereses colectivos, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como administracións locais e entidades públicas dependentes destas, dentro do ámbito territorial correspondente, e non permiten en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas con ánimo de lucro.
Os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) elaboraron para cada zona unha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020. Forman parte da Mariña-Ortegal os concellos de Barreiros, Burela, Cariño, Cedeira, Cervo, Foz, Mañón, Ortigueira, Ribadeo, Valdoviño, O Vicedo, Viveiro e Xove.
EXEMPLO DUNHA CERVEXA. Foz acolleu recentemente a presentación da Jonn Dory, unha cervexa artesá con auga de mar mariñán. A John Dory (San Martiño) elabórase na planta de producción que a empresa Augas Santas Cervexeiros da Mariña Lucense ten no Concello de Barreiros. Un proxecto empresarial que emprega os recursos do mar coma como materia prima e que tamén pon en valor o territorio, coa promoción da costa lucense a través das chamativas etiquetas ilustradas das súas cervexas. Esta iniciativa empresarial contou coa financiación do GALP A Mariña-Ortegal.
O PARQUE RECRETIVO DE RINLO. O parque recreativo Laberinto da Mariña é un espazo de ocio na contorna do pobo de Rinlo (Ribadeo), formado por un percorrido laberíntico, que conta ademáis cun miradoiro con vistas a toda a costa mariñá e unha zona de xogos, principalmente tradicionais, creados por expertos artesáns da comarca.
Este innovador proxecto financiado polo GALP A Mariña-Ortegal, foi xunto co de cervexas Augas Santas, declarado como exemplo de boas prácticas 2019 pola Rede Española de Grupos de Pesca. Ao acto de presentación acudiron a directora xeral e subdirectora de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, o xefe territorial da Consellería do Mar, e por parte do GALP A Mariña Ortegal acudiron a súa xerente e varios membros da Xunta Directiva.
A directora xeral e subdirectora de Desenvolvemento Pesqueiro, o xefe territorial da Consellería do Mar e a xerente do GALP A Mariña-Ortegal tiveron a ocasión de coñecer en situ este proxecto que contou coa financiación do GALP.
O parque estará formado por un recorrido labiríntico, que contará ademais cun miradoiro con vistas de toda a costa, con paneis informativos sobre xeoloxía, flora e fauna mariñas do entorno e unha zona de xogos, adicada a xogos tradicionais galegos fabricados por expertos artesáns da zona, para desfrute tanto de visitantes, como doutros lugares coma da xente da zona.
Haberá tamén unha zona de aluguer de equipos de pesca para spinning, surfcasting e pesca con boia, e pesca tradicional con caña de bambú.
O propietario do Parque Recreativo Laberinto Costa Mariña de Rinlo, Juan Manuel Azcona Meneses, lembra como xurdiu a inicitiva. Tíñanlle comentado algo similar uns amigos que estiveran en Francia vendo un laberinto de millo. El admite que xa tiña a idea de montar un espazo de xogos ao aire libre e ocorréuselle fusionalo todo. Empezou coas obras en outubro pasado e a zona de xogos abríu en Semana Santa.
Azona financiouna cunha axuda do Galp de 72.634,98 euros y con financiación, un préstamo. Actualmente ten dous empregados a xornada completa máis otros dous que veñen de apoio, pero cando o ano que vén se abra o labirinto e conte con tódalas actividades previstas, incluido o bar e a tenda de productos, aumentará considerablemente.
Para o que queda de tempada está previsto abrir os fins de semana e festivos aparte das excursións de colegios. Para o año que vén a idea é abrir en Semana Santa, desde mediados de xuño ata octubre se o permite o tempo e durante todos os días da semana. A promoción de apertura actual é de 5 euros por persoa, tanto para adultos como nenos, sen límite de uso dos xogos e abre de 16.30 a 20.30 horas, aínda que terán que ir modificando os horarios en función da luz solar.