O GDR subvencionará o proxecto dun centro de interpretación no Muíño do Pan de Baamonde

TerraChaXa
A Asemblea do GDR Terra Chá reuniuse esta semana para dar para adiante a puntos na orde do día.
reunion gdr terra cha
7 Oct 2023

A Asemblea do GDR Terra Chá reuniuse esta semana para dar para adiante a puntos na orde do día.

Así, aprobouse unha axuda Leader ao proxecto non productivo Muiño do Pan de Baamonde. Rehabilitarase o muíño para convertilo nun Centro de Interpretación no que se dará a coñecer como se traballaba, que actividades se realizaban nel e incluso como vivía na pequena parte superior o muiñeiro.

Por outra banda, modificouse a composición da Xunta Directiva, incorporándose Manuel Requeijo, alcalde das Muras, como representante por ese concello, e Marcos Lombardero, tenente de alcalde da Pastoriza, polo seu.

Finalmente, a asemblea aprobou realizar unha xornada de apicultura ecolóxica, en conxunto có GDR Asociación GDR Seitura22.

0.16283297538757