O GDR Terra Chá presentou en Vilalba o proxecto Nó Rural
O 30 de xuño tivo lugar, no edificio da Xunta de Galicia en Vilalba, a presentación do proxecto Nó Rural. Esta presentación púidose seguir telematicamente. Este proxecto ten como obxectivo o retorno e a inserción laboral dos mozos coa creación dun portal de emprego na súa propia páxina web (www.norural.gal), onde tamén se poderán consultar noticias sobre o sector primario.
Na reunión, á que tamén acudiron técnicos dos distintos concellos do territorio do GDR, debatéronse temas como a introdución da mocidade no sector primario ou as distintas maneiras de potencialo. Así mesmo participou, contando a súa experiencia, unha promotora que veu de fóra do territorio do GDR e instalouse nel para montar unha pequena empresa.
A través da web www.norural.gal búscase animar a incorporación de persoas no sector primario, fomentarase o emprendemento e a mellora da empregabilidade, sendo unha ferramenta que conecta as empresas das áreas rurais e o talento de mocidade, mellorando a coordinación e o traballo en rede das administracións públicas mellorando a coordinación e o traballo en rede coas administracións públicas, empresas, centros educativos e universidades pola permanencia ou retorno do talento da mocidade.
Outras accións deste proxecto é a edición de guías para apoiar ás persoas emprendedoras. A guía: Obradoiro de deshidratado de froitas e verduras e a guía: Iniciación de ganderías de ovino e caprino de carne en Galicia.
Tamén se asinou un convenio de colaboración coa USC a efectos desta financie prácticas dos estudantes de diferentes graos en empresas dos territorios.
O proxecto Nó Rural é un proxecto de cooperación entre 6 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Dous son da provincia da Coruña (Seitura, Mariñas Betanzos) un da provincia de Pontevedra (Eurural), un da provincia de Ourense (Limia – Arnoia) e dous da provincia de Lugo (Comarca de Lugo e Terra Chá).