O Goberno da Deputación aproba o Ben Empregado 4 para xerar outros 150 postos de traballo na provincia

TerraChaXa
O voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres sobre a aprobación na Xunta de Goberno do Ben Empregado 4, máis social!, dotado de 2,2 millóns de euros, que permitirán a xeración duns 150 novos postos de traballo de calidade no conxunto do territorio lugués.
santos benempregado4
8 sep 2017

O voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres sobre a aprobación na Xunta de Goberno do Ben Empregado 4, máis social!, dotado de 2,2 millóns de euros, que permitirán a xeración duns 150 novos postos de traballo de calidade no conxunto do territorio lugués.

Inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos sociais de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, “ademais de facer fronte ao taxa de paro, contribuír á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses co obxectivo de dinamizar a economía da provincia e contribuír á importante labor social do tecido asociativo”, apuntou Santos Ramos.

Contempla tres liñas de financiamento:

1.- “Dentro da nosa firme aposta por unha Deputación coas persoas e social, financiaremos ao 100% os custos laborais de novos traballadores en empresas da provincia cando se traten de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral”, explicou. Por exemplo, persoas con dificultades físicas ou psíquicas, vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos ou ex-drogodependentes, entre outros colectivos considerados de difícil inserción laboral.

2.- “Financiaremos ao 90% os custos laborais de novos traballadores en colectivos sociais lucenses para contribuír á importante actividade que desenvolven na nosa provincia en atención á cidadanía”.

3.- “Financiaremos ao 50% os custos laborais de novos traballadores en xeral en empresas de toda índole e da provincia”.

Seguintes pasos

Aprobada este venres esta programación, agora enviarase á Base Nacional de Subvencións para a súa publicación, tal e como esixe a normativa vixente. A continuación, publicarase no Boletín Oficial da Provincia, abrindo o prazo de solicitude das axudas. Simultaneamente a todo este proceso, tamén se abrirá, previsiblemente nos vindeiros días, un prazo de preinscrición para lucenses con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral se anoten como solicitantes dos postos de traballo do Ben Empregado 4. “Isto permitiranos ofrecer a empresas e colectivos sociais os perfís laboral deste colectivo co obxectivo de que os demanden”.

Requisitos para a concesión das axudas

Poderán optar ás axudas todos os autónomos, PEMES e colectivos sociais da provincia agás aqueles que se beneficiasen das anteriores edicións do Ben Empregado e, rematada a subvención, non contratasen finalmente aos traballadores; e tampouco ás que renunciase as axudas con persoal xa seleccionado que non quixeron contratar.

Puntuación favorable: contratación indefinidas

O voceiro do Goberno explicou que “en defensa da xeración de emprego de calidade, incluímos cláusulas sociais tanto no proceso de selección de empresas e colectivos sociais, como nos contratos dos traballadores. Deste xeito, puntuarase favorablemente ás entidades e asociacións que ofrezan contratación indefinidas; que melloren as condicións laborais dos traballadores con respecto aos seus convenios sectoriais, así como as que ofrezan medidas de responsabilidade social e corporativa. O conxunto das cláusulas sociais incorporaranse aos contratos dos traballadores.

Para “chegar a máis xente”, tamén puntuará favorablemente as propostas de empresas e colectivos lucenses que non participasen nas anteriores 3 edicións do Ben Empregado.

En caso de incumprimentos, as empresas ou colectivos poderán perder a subvención da Deputación. “Faremos controis que, por exemplo, no caso dos pagos aos traballadores, serán, evidentemente, mensuais”, apuntou.

30% de inserción laboral

A día de hoxe hai uns 130 lucenses, que estaban no paro, traballando en empresas e colectivos da provincia co Ben Empregado 3, que inclúe máis postos. Santos Ramos informou que “co Ben Empregado 1, que é o único que rematou, conseguimos unha inserción laboral do 30%. Isto supón que unhas 65 persoas continúan nos seus postos de traballo a día de hoxe. Esta porcentaxe de inserción laboral é dúas veces superior a de calquera programación de emprego en todos os niveis, por exemplos, as que poden ofrece o INEM”.

0.18806576728821