O Goberno da Deputación mellorou con 305.000 euros 19 traídas de auga, accesos viarios e locais sociais do rural

TerraChaXa
O deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, informou este venres que o Goberno Provincial rematou 19 obras de mellora noutras tantas traídas de auga, accesos viarios e locais sociais de núcleos rurais de 15 municipios lugueses, ás que destinou 305.
Argelio Fernández Queipo.
6 Oct 2017

O deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, informou este venres que o Goberno Provincial rematou 19 obras de mellora noutras tantas traídas de auga, accesos viarios e locais sociais de núcleos rurais de 15 municipios lugueses, ás que destinou 305.000 euros. Fernández Queipo explicou que en total o Executivo da Deputación executa 129 actuacións desta índole en localidades rurais de toda a provincia con 1,5 millóns de euros. A Xunta de Goberno deste venres aprobou as contas xustificativas dos traballos rematados.

“Estas obras son fundamentais para todos os lucenses que vivimos no rural e que necesitamos, coma todos, de servizos públicos de calidade para vivir nas nosas localidades. Se dende este Goberno da Deputación estamos a executar estas actuacións é porque a administración públicas coas competencias directas na materia non o fai. A Xunta fala da lexislatura do rural, pero non vemos que asome a cabeza”.

As 19 actuacións xa executadas son:

• Lugo: construción dun depósito de auga veciñal no Espiñeiro con 21.400 euros.
• A Fonsagrada: creación dun abastecemento de auga no lugar do Fito con 19.500 euros.
• Ribeira de Piquín: creación dun depósito de auga na Lama con 30.000 euros.
• Folgoso do Courel: construción dun abastecemento de auga no Órreo con 28.900 euros, e a creación dun depósito de auga e abastecemento de Meiraos con 26.052 euros.
• Taboada: a creación dunha captación do manantial San Cristobal Norte con 28.600 euros
• Cervantes: creación dun abastecemento de auga en Catroventos con 21.300 euros; e mellora da rede de abastecemento no Río do Castro.
• Quiroga: limpeza de accesos e mellora de captación en Sequeiros con 9.975 euros, e melloras do accesos á fonte de Novais con 6.719 euros
• Navia de Suarna: mellora da rede de abastecemento en Silvouta con 9.300 euros
• Bóveda: mellorar da rede de abastecemento de auga dos veciños de Santa Lucía con 10.000 euros
• Mondoñedo: acondicionamento de accesos a vivendas de Maariz con 7.273 euros.
• Monterroso: melloras no monte veciñal en man común de Sambrexo con 11.998 euros; e acondicionamento de camiños a Lodoso con 12.000 euros.
• O Incio: para a mellora de camiños en Trascastro con 11.554 euros.
• A Pontenova: para a mellora de accesos á escola pública en Santa Comba de Órrea con 12.000 euros.
• Castro de Rei: mellora do local social de Ludrio con 8.300 euros.
• Xermade: o acondicionamento da Casa Escola con 10.759 euros.

Máis emprego
O Goberno da Deputación resolveu a contratación de 4 desempregados lucenses que comezarán a traballar noutros tantos Concellos da provincia, a través do Ben Empregado 2 e 3: 1 camareiro en Castro de Rei, 1 peón no Saviñao, e dous técnicos forestais, 1 en Trabada e outro en Monforte de Lemos. O Deputado lembrou que continúa aberto ata o 18 de outubro o prazo para que empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia soliciten as axudas do Ben Empregado 4!.

0.19029498100281