O grupo de apoio a persoas con demencia de Begonte organiza unha nova sesión o día 13

TerraChaXa
A actividade estará impartida polo psicólogo do centro e terá unha duración dunha hora e media
grupo-de-apoio-persoas-demencia-begonte
9 May 2026

O Centro de Día de Begonte realizará unha nova sesión do grupo de apoio dirixido a familias de persoas con demencia da comunidade. Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer un espazo de acompañamento e orientación ás familias que conviven con esta enfermidade.

A actividade estará impartida polo psicólogo do centro e terá unha duración de unha hora e media, sendo de carácter gratuíto. A sesión desenvolverase o mércores 13 de maio, de 18:00 a 19:30 horas, nas instalacións do centro de día situadas na Rúa Praza nº 2 (baixo), Baamonde.

As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse a través dos teléfonos 687 056 194 ou 982 39 80 04.

A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

0.11638498306274