O grupo de teatro A Adala de Fazouro leva o teatro en Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 Nov 2019

A delegación de Cultura de Burela, presenta o 22 de novembro, ás 21.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a obra de teatro Comeza a función que presentará o grupo de teatro A Adala de Fazouro de Foz. A función está destinada a público familiar  e a entrada será libre.

A obra trata dunha aldea nos anos 40 na que dous veciños lévanse mal…, pero que moi mal. Un día ao saír da Igrexa, entre apartar e non apartar o un do  outro e viceversa, acabaron por romper a pía da auga bendita. Ante a esixencia do cura para facerse cargo do arranxo, e como ningún dos dous tiña cartos, decidiron montar unha obra de teatro para recadar fondos.

Tras asinar unha tregua, contar coa colaboración dos veciños e superar varios atrancos, foron quen de sacar a obra de teatro adiante, con máis éxito do esperado.

0.13661193847656