O grupo de teatro de Rábade estrea a obra 'Aínda será máis' no Centro Sociocultural

LugoXa | TerraChaXa
A representación terá lugar este venres, 12 de xuño, ás 20:30 horas, nunha cita aberta ao público
obra-de-teatro-rabade
11 Jun 2026

O grupo de teatro do Concello de Rábade presentará este mes de xuño a súa nova montaxe teatral, titulada Aínda será máis, unha obra dirixida por Marga Portomeñe que servirá para poñer en escena o traballo desenvolvido polo alumnado durante o curso 2025/2026.

A representación terá lugar este venres, 12 de xuño, ás 20:30 horas no Centro Sociocultural de Rábade, nunha cita aberta ao público que permitirá aos asistentes gozar dunha nova proposta escénica creada no ámbito da actividade cultural municipal.

O elenco está formado por Ángel Díaz, Inés Losada, Josefa Quintana, Lina Álvarez, Pilar Álvarez, Pilar Rodríguez e Teresa Carral, integrantes do grupo de teatro local que levan meses preparando esta función baixo a dirección de Portomeñe.

Desde o Concello animan á veciñanza a asistir a esta representación, que supón a culminación do traballo realizado ao longo do curso e unha nova oportunidade para apoiar e desfrutar do teatro afeccionado e da actividade cultural en Rábade.

0.12000298500061