O Grupo Forma-T Vilalba logra o ascenso á Segunda División Nacional

TerraChaXa
Lograron o primeiro ascenso á Segunda División Nacional dun equipo feminino vilalbés
ascenso-vilalba-fs-format
Cartel de celebración
19 Maio 2024

O Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba acolleu o último partido de Liga do Grupo Forma-t Vilalba FS feminino, no que obtivo o título de Liga da Preferente Galicia que ten como premio o ascenso a Segunda División Nacional.

O equipo de Kini chegou ao derradeiro partido empatado a 78 puntos co Fisober FS que foi case toda a tempada líder pero que perdeu coas vilalbesas os dous partidos xogados entre elas polo que o equipo chairego dependía de si mesmo para alzarse co título.

Para iso venceu ao Ribeira por un contundente 3-0. O equipo lugués estaba cuarto clasificado.

As rapazas do equipo vilalbés completaron así unha temporada excepcional, cunha segunda parte de campionato no que non cederon ningún punto e recortaron a desvantaxe de seis puntos que tiñan ao final da primeira volta co primeiro clasificado, poden facer historia e lograr o primeiro ascenso á Segunda División Nacional dun equipo feminino vilalbés.

0.18065190315247