O Guitiriz en Ruta e o BTTeando por Guitiriz reúnen a 78 persoas pola Ruta da Pedra de Díaz Castro

TerraChaXa
Ambos programas celebraron a súa última saída antes das vacacións de verán
btteando-por-guitiriz-ruta-diaz-castro
As dúas rutas da fin de semana en Guitiriz
28 Maio 2024

O domingo 26 de maio, un total de 78 persoas participaron na última saída antes das vacacións de verán dos programas municipais de Guitiriz en Ruta e Btteando por Guitiriz, que compartiron camiño pola Ruta da Pedra de Díaz Castro nos Vilares.

No caso do Guitiriz en Ruta foron 28 os participantes que percorreron unha ruta circular de 14 quilómetros con saída e chegada xunto á escola do Buriz. Incluíu unha visita ao petróglifo das Calzadas (O Buriz), a subida ao pico da Torre de Montouto e a visita á aldea do Vilariño (Os Vilares), onde está a casa natal do poeta Díaz Castro.

No BTTeando por Guitiriz foron 50 persoas ás que se subiron ás súas bicicletas para desfrutar de 20 quilómetros de traxecto pola Ruta da Pedra de Díaz Castro, pedaleando a través de sendeiros e pistas ata a casa do poeta Díaz Castro.

0.18132781982422