O IES Lois Peña Novo realizou unha xornada de portas abertas e exposición de coches clásicos

TerraChaXa
O IES Lois Peña Novo de Vilalba realizou unha xornada de portas abertas acompañada dunha exposición de vehículos clásicos e modernos.
portas abertas lois pena novo4
17 Jun 2022

O IES Lois Peña Novo de Vilalba realizou unha xornada de portas abertas acompañada dunha exposición de vehículos clásicos e modernos (híbridos, GLP, hidróxenos e eléctricos) coa fin de presentar a aquelas persoas interesadas as súas ensinanzas.  O centro educativo conta con ciclos formativos de Grao Básico, Medio e Superior de cinco familias profesionais diferentes ademais de Educación Secundaria para persoas adultas e Bacharelato semipresencial.

Actualmente a súa oferta consta de ciclos básicos de Informática de Oficina e Mantemento de Vehículos. Nos Medios dispón de Electromecánica de vehículos automóbiles, Instalacións Eléctricas e automáticas e Atención á persoas en situación de dependencia.

Finalmente conta cos Graos Superiores de Administración e Finanzas e Administración de Sistemas Informáticos en rede.

O centro ofrece asemade unha educación de calidade e flexibilidade, sendo referente de innovación, emprendemento, ademais dunha alternativa viable de futuro para a cidadanía, chegando a un 100% de empregabilidade dos  Titulados Técnicos e Técnicos Superiores ou posibilitando a continuación de estudos noutros ciclos, cursos de especialización ou acceso directo a graos universitarios unha vez superado o Ciclo Superior.

A FP é unha aposta segura polo emprego, no caso do IES Lois Peña Novo non se chega a cubrir a demanda de traballadores manifestada polas empresas da contorna que solicita alumnos e alumnas antes incluso de rematar a súa formación, como é o caso por exemplo do Ciclo Superior de Administración e Finanzas ou o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas.

Con respecto ás ensinanzas para persoas adultas, estas están dirixidas a maiores de 18 anos ou de 16 con contrato de traballo ou deportistas de alto rendemento. Ofrecen unha alternativa á vía ordinaria podendo obter o Título de Graduado en Educación Secundaria superando os Módulos III e IV nun curso académico. Tamén existe a posibilidade de cursar o Bacharelato semipresencial que posibilita a matrícula simultánea cos Ciclos de Grao Medio. 

Do 23 de xuño ao 5 de xullo ábrese o prazo de admisión en Ciclos de Formación Profesional.

0.14245104789734