O IES Pedregal de Irimia de Meira celebrou unha nova edición da súa exposición de cogomelos

TerraChaXa
Desde o centro educativo destacaron a importancia deste tipo de actividades para aprender máis sobre o medio natural e concienciar sobre a diversidade de especies da contorna
exposicion-setas-e-cogomelos-meira
11 Nov 2026

O IES Pedregal de Irimia de Meira acolleu os pasados luns 9 e martes 10 de novembro unha nova edición da súa exposición de cogomelos, unha actividade que permite achegar o alumnado ao mundo da micoloxía e descubrir a diversidade de especies presentes na contorna.

A iniciativa ofreceu a oportunidade de coñecer mellor a riqueza natural dos bosques e identificar diferentes variedades de cogomelos, nunha proposta educativa e divulgativa que busca fomentar a observación, o coñecemento e a valoración do patrimonio natural.

Desde o centro educativo destacaron a importancia deste tipo de actividades para aprender máis sobre o medio natural e concienciar sobre a diversidade de especies que se poden atopar na contorna.

O IES Pedregal de Irimia quixo agradecer a colaboración da Sociedade Micolóxica Lucus na organización da exposición, así como a participación do alumnado que contribuíu achegando cogomelos para enriquecer a mostra.

0.1568398475647