O IES Pedregal de Irimia de Meira entregou os premios do I Certame de Fotografía

TerraChaXa
O IES Pedregal de Irimia de Meira fixo entrega dos premios do I Certame de Fotografía organizado polo centro educativo.
pedregal de irimia 2
20 Abr 2021

O IES Pedregal de Irimia de Meira fixo entrega dos premios do I Certame de Fotografía organizado polo centro educativo coa colaboración do CEIP Avelino Díaz, do Concello de Meira e da área de Cultura da Deputación de Lugo.

Presentáronse ao concurso 124 imaxes relacionadas coa natureza e os espazos naturais, como se establecía nas bases da convocatoria, que se desenvolveu ao longo do segundo trimestre. Os agasallados levaron un lote de libros do Servizo de Publicacións.

Os premiados na categoría infantil de 5º e 6º de E. Primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira foi Aya Lafou, pola obra “Coidemos a natureza” e Lorena Alonso Campo, pola obra “Tronco” levou un accesit.

Na categoría xuvenil 1 (1º, 2º e 3º da ESO do IES Pedregal de Irimia), a gañadora foi Ura Vázquez García, pola obra “Lagos”, e houbo dous accésit para Paula López González “Reflexos” e para Daniela Rozadillas Vidal, pola obra “Vixiante”. E na xuvenil 2 (4º da ESO, 1º e 2º de BAC do IES Pedregal de Irimia) o gañador foi Diego Sangiao Vidal, pola obra “A fonte da vida”.

Na categoría adultos (ex-alumn@s, ex-traballadores do centro e familiares, veciños, amigos do actual alumnado), a gañadora foi María Elena Anllo Díaz, pola obra “Dende a montaña”.  

pedregal de irimia
pedregal de irimia 1
0.18347001075745