O IES Pedregal de Irimia e o CPI Virxe do Monte participan nunha English Week

TerraChaXa
Un total de 41 centros educativos públicos e 825 alumnos e alumnas participarán, a partir desta mesma semana, nas English Week que se celebrarán no centro de inmersión lingüística dos Peares, o único de toda España dedicado en exclusiva a tal fin.
3 Oct 2017

Un total de 41 centros educativos públicos e 825 alumnos e alumnas participarán, a partir desta mesma semana, nas English Week que se celebrarán no centro de inmersión lingüística dos Peares, o único de toda España dedicado en exclusiva a tal fin. Estas estadías –que se desenvolverán en sete quendas dunha semana de duración entre o 8 de outubro ata o 25 de novembro– están dirixidas ao alumnado de 6º de primaria e dos catro cursos da ESO e teñen como obxectivo a mellora das competencias lingüísticas en inglés dos estudantes. A estas 825 prazas súmanse outras 300 para centros concertados, chegando así ata os 1125 alumnos beneficiados.

Tal e como se extrae da resolución de centros admitidos, publicada na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta iniciativa beneficiarán a 19 centros da provincia da Coruña, 6 de Lugo, outros 6 de Ourense e 10 de Pontevedra. Como vén sendo habitual, estas actividades están totalmente subvencionadas polo departamento educativo da Xunta de Galicia, que achega para tal fin un orzamento de 544.500 euros.

Entre os centros participantes atópanse o IES Pedregal de Irimia e o CPI Plurilingüe Virxe do Monte de Cospeito.

Mellora da comprensión e expresión oral en inglés
As estadías desenvolveranse en quendas semanais, de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá, e serán supervisadas por monitores. O seu custe, sufragado pola Consellería, inclúe os gastos de docencia e o material escolar, as actividades culturais e complementarias dos cursos, os gastos de mantenza e aloxamento, un certificado de realización da actividade e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa. Para iso, organizaranse tanto actividades académicas como de tempo libre e obradoiros, de tal forma que se reforce a un tempo o programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas e a convivencia entre eles, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18383288383484