O IES Poeta Díaz Castro participa no Campionato de España de Orientación

TerraChaXa
O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz participa esta fin de semana no Campionato de España de centros escolares de Orientación
CAMPIONATO ORIENTACION GUITIRIZ IES DIAZ CASTRO
CAMPIONATO ORIENTACION GUITIRIZ IES DIAZ CASTRO
9 Nov 2022

Un total de 25 alumnos e alumnas do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz participarán esta fin de semana, do 11 ao 13 de novembro, no Campionato de España de centros escolares de Orientación, que se levará a cabo na cidade de Campo Arañuelo (Cáceres).

Son 15 nenos e 10 nenas os que representarán ao instituto guitiricense nesta proba, á que acudirán acompañados da mestra Noemi Fernández Pedraza e do mestre Vicente Sanmartín Vigo.

Onte, luns 7 de novembro, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, recibiunos na Casa Habanera xa que o Concello colaborou co centro educativo coa compra de 1 suadoiro e 2 camisetas para cada unha das persoas participantes.

A rexedora desexoulles “moita sorte” pero sobre todo “que o pasedes moi ben e que aproveitedes ao máximo a experiencia, xa que este tipo de saídas son as que quedan gravadas para sempre na memoria de todas e todos”.

0.17919015884399