O IES Terra Chá acolleu unha sesión de divulgación da cultura emprendedora

TerraChaXa | LugoXa
O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Lugo Sur (situado en Monforte de Lemos) continúa co ciclo de charlas divulgativas da cultura emprendedora en centros educativos da comunidade, no que participaron alumnos do Ciclo Superior en Xestión Forestal do IES da Terra Chá, José Trapero Pardo.
17 Xan 2023

O persoal do polo impartiu a primeira de tres sesións que tivo por finalidade promover actitudes favorables cara ao desenvolvemento en persoas mozas en áreas afíns aos seus gustos e capacidades. Para acadalo, celebrouse unha actividade práctica baseada na metodoloxía do Ikigai, un concepto xaponés baseado na motivación, que impulsa ás persoas a actuar.

A celebración destas xornadas no eido escolar permitirá á Xunta detectar as actitudes da mocidade cara a desenvolver emprendemento e obter así datos para elaborar un informe sobre os intereses e a orientación do alumnado segundo as súas áreas de residencia.

0.20241785049438